Saltar ao contido

PGM-17 Thor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proba dun mísil Thor en 1959.

PGM-17 Thor ou Thor a secas, foi a denominación dun dos primeiros mísiles balísticos estadounidenses de medio alcance propulsado con propelente líquido. Foi desenvolvido entre 1956 e 1958 por Douglas para a USAF e orixinalmente tiña un alcance similiar ao mísil Redstone e con capacidade para levar unha oxiva nuclear a 2400 km de distancia. Entre 1958 e 1960 se despregaron 60 mísiles Thor en Reino Unido durante o proxecto Emily, pero en 1962 comezaron a retirarse como parte do acordo acadado entre os Estados Unidos e a Unión Soviética para poñer fin á crise dos mísiles de Cuba. Algúns máis continuaron despregados no atol Johnson no océano Pacífico ata a década de 1970. Os sobrantes usáronse para lanzamentos de proba de vehículos suborbitais.

O mísil Thor é a orixe de lanzadores espaciais Delta, que melloraron o deseño orixinal e evolucionárono nunha familia de foguetes con amplas capacidades que dura ata a actualidade.

Características

[editar | editar a fonte]

Algúns parámetros do mísil son:

  • Wade, Mark (2017). "Thor" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]